Luis López reúnese coa alcaldesa de Salvaterra para afondar en proxectos de mellora dos servizos e infraestruturas municipais da vila

28/08/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, para afondar en proxectos que a institución provincial ten en marcha na vila e noutras iniciativas a desenvolver para a mellora dos servizos e infraestruturas municipais. Na xuntanza o presidente escoitou as demandas da alcaldesa e comprometeuse a estudar as diferentes vías de colaboración para poñelas en marcha.

Galerias de imaxes