Luis López remarca o firme compromiso da Deputación co sector primario durante unha xuntanza coa Asociación de criadores de raza porcina celta (ASOPORCEL)
04/09/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarcou o firme compromiso da institución provincial co sector primario durante a xuntanza que acaba de manter co director técnico, Iván Rodríguez, e veterinaria, María Cruz Castro, da Asociación de criadores de raza porcina celta (ASOPORCEL). Na reunión, que tivo lugar no Pazo da Deputación, o presidente puido coñecer os proxectos nos que está a traballar a asociación e amosou a vontade de abrir vías de colaboración para colaborar con ASOPORCEL no fomento das ganderías e na promoción dos produtos de porco celta na provincia de Pontevedra.