Luis López asume como “un dos maiores privilexios como dezán” o nomeamento como comendador da Orde do Cocido para divulgar un dos grandes tesouros da provincia
O presidente provincial participa nos actos de celebración da Feira do Cocido de Lalín, que celebra a súa edición 57 co rango de Festa de Interese Turístico Internacional
23/02/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asume como “un dos maiores privilexios para calquera dezán” a imposición da capa de comendador da Orde do Cocido que lle foi entregada este domingo na celebración da cincuenta e sete edición da Feira do Cocido, a cita gastronómica de interese turístico internacional de Lalín. Un acto no que o mandatario provincial aceptou a encomenda de fomentar o recoñecemento como prato tradicional de Galicia xunto con outras nove persoas. “Se Lalín é o quilómetro cero dos camiños galegos, o cocido é o quilómetro cero da gastronomía galega: un lugar de encontro ao que sempre volver”, afirmou o presidente provincial na súa intervención nun acto no que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda..
O acto no que o titular do goberno provincial recibiu esta distinción serviu tamén para recoñcer a outras figuras como Takahiro Nakamae, embaixador de Xapón en España e pregoeiro desta edición da feira; a piragüista olímpica Teresa Portela, a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño; o presidente e vicepresidenta do grupo Prensa Ibérica, Javier Moll de Miguel e Arantza Sarasola Ormazabal; a teniente alcalde de Lalín, Paz Pérez Asorey, o presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; o senador Francisco Conde; e o escultor Acisclo Manzano Freire.
“Lalín, a Festa do Cocido, e o alcalde Jose Crespo teñen unha capacidade infinita de converter o normal en extraordinario”, comezou o presidente López o seu discurso para concluír que “se Lalín é unha casa sempre aberta, o Cocido un amigo na mesa e Pepe Crespo aínda me reclama como fillo político... Que ten de especial este día? Pois velaí está o especial desta Festa: converter o normal en extraordinario” Neste sentido, tamén recoñeceu Luis López que “extraordinaria é a honra e gratitude, no meu caso”.
Despois de desvelar a anécdota coa que o alcalde José Crespo lle propuxo vestir a capa de comendador da Orde do Cocido, recoñeceu Luis López que “de todas as Encomendas que me ten confiado, esta é das mellores”, rematou.