O deputado de Cultura, Jorge Cubela, reúnese coa Editorial Galaxia para explorar vías de colaboración conxunta

15/04/2024

Jorge Cubela reúnese coa Editorial Galaxia

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo este luns no Pazo provincial unha reunión con responsables da Editorial Galaxia. A reunión enmárcase na axenda de reunións que está a manter o responsable provincial da área de Cultura con entidades da provincia co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración, en especial, neste caso, polo 75 aniversario que celebrará a editora viguesa o vindeiro ano 2025.