A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Arbo para avanzar na redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcelas

01/07/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para avanzar na redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcelas. Tal e como acordaron na xuntanza, a actuación nesta vía está previsto que contemple un tramo de 300 metros na contorna do CEIP Antonio Carpinteiro, onde se mellorará a mobilidade mediante a creación de sendas peonís e espazos seguros e accesibles.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.