A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asiste á entrega de premios da 4ª etapa da 61ª Regata Rías Baixas

17/08/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde no acto de entrega de premios da cuarta etapa da 61ª Regata Rías Baixas, que transcorreu hoxe entre Combarro e Vigo. No acto, no que estiveron tamén presentes membros da directiva do Real Club Náutico de Vigo, da Federación Galega de Vela, de Galicia Calidade e do goberno local de Vigo, entregáronse cinco premios aos barcos que quedaron clasificados en primeiro posto nas cinco categorías da proba náutica (ORC 1-3, ORC 4-5, OPEN 1, OPEN 2 e Concentración).

Galerias de imaxes