O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”
05/10/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”, que se celebrou esta semana no Centro de Convencións do Eurostars Gran Hotel La Toja. Unha cita que arrancou este xoves, coa inauguración da S.M. o Rei Felipe VI, e que contou coa participación de autoridades de ámbito nacional e autonómico, como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ou os expresidentes Mariano Rajoy e Felipe González.