A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á Festa da Cereixa de Beade

02/06/2024

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asistiu en Beade á Festa da Cereixa que organiza cada ano a Asociación de Veciños desta parroquia viguesa en vésperas do inicio do verán. Sánchez felicitou á veciñanza por continuar con esta tradición desde o “Jerte vigués” para que non se perda “algo que define tanto a Beade, a diferencia e aporta un valor engadido como é a cereixa”. Tamén aproveitou para poñer en valor a gastronomía e os produtos de proximidade e para amosar o compromiso da Deputación cos “produtores, porque o seu traballo é excepcional e, canto máis consumamos os nosos produtos máis oportunidades de riqueza estaremos xerando na nosa contorna”.