A Deputación tínguese de azul con motivo da celebración do bicentenario da Policía Nacional
O edificio do Pazo provincial estará iluminado desde a noite deste venres 12 de xaneiro ata a mañá do domingo 14
11/01/2024
A Deputación de Pontevedra tínguese de azul con motivo da celebración do bicentenario da Policía Nacional. O edificio do Pazo provincial estará iluminado desta cor desde a noite do venres ata o domingo, 14 de xaneiro, ás 7 horas.
O 13 de xaneiro de 1824 creouse mediante unha real cédula a Policía Xeral do Reino de España, antecedente histórico da actual Policía Nacional, primeiro corpo policial con dimensión estatal coa función de garantir o ben e a seguridade pública nas cidades españolas.