Rafa Dominguez asiste á conmemoración dos 50 anos da exposición de Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba na Galería Tambor de Madrid

19/11/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado do deputado de Cultura, Reto Demográfico e Xuventude, Jorge Cubela, asistiu este martes á inauguración da mostra coa que a Fundación Manuel Moldes conmemora na súa sede os 50 anos desde a histórica exposición que o pontevedrés e Mikel Díez Alaba protagonizaron na Galería Tambor de Madrid. ’50 anos desde Tambor. Manuel Moldes + Mikel Díez Alaba’ celebra o medio século deste evento, que marcou a escena cultural da cidade nos últimos anos do franquismo, coincidindo tamén co 75º aniversario do nacemento de Moldes.