#TRANSPARENCIA
Unidade Responsable de Accesibilidade
A norma que recolle as obrigas e dereitos en materia de accesibilidade aplicables aos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público é o Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Na procura de garantir a igualdade e a non discriminación no acceso das persoas usuarias, e en particular das persoas con discapacidade e das e dos maiores, a Deputación de Pontevedra crea a Unidade Responsable de Accesibilidade, que é o órgano colexiado adscrito á Secretaria Xeral ao que lle corresponde garantir o cumprimento dos requisitos de accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles na Deputación de Pontevedra.
Coa súa creación cúmprese o requirimento legal previsto polo Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, co obxectivo de consolidar o compromiso real de garantir a accesibilidade e non discriminación web por parte da nosa Deputación.
Componse dos seguintes membros:
- Presidencia: a persoa titular da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra
- Vogais:
- A persoa asesora xurídica con competencias en novas tecnoloxías
- A persoa responsable de portais web adscrita ao Servizo de Novas Tecnoloxías
- A xefa ou xefe de Sección de Páxina Web
Encárgase de:
- Coordinar e velar polo funcionamento efectivo dos mecanismos de comunicación
- Atender e responder as reclamacións remitidas
- Revisar as avaliacións de accesibilidade
- Coordinar as revisións periódicas de accesibilidade
- Coordinar e fomentar as accións de formación, promoción e concienciación
- Realizar anualmente os informes previstos nesta materia
- Actuar como punto de contacto co ministerio que teña competencias nesta materia
- Actuar como interlocutora coas organizacións competentes e designar as persoas que recibirán as notificacións e informes do Observatorio de Accesibilidade Web (OAW)
- Coordinar a xeración e o envío de informes puntuais ou xornais ao OAW e á Comisión Sectorial de Administración Electrónica
Contacto
Enderezo electrónico: transparencia@depo.es
Teléfono: 986 804 100
Ligazóns de interese
- Resolución presidencial de creación e a determinación da composición, funcións e réxime de funcionamento da Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Pontevedra
- Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
- Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de outubro de 2016, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público