#FORMACIÓN

Ti© Emprendes

Mellorar a empregabilidade da mocidade do rural

TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia


O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas e de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.

DIRIXIDO A

  • Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos
  • Inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Desempregadas/os
  • Non integradas/os no sistema de educación ou formación
  • Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa)

QUÉ OFRECEMOS?

  • Formación en materias específicas de cada zona
  • Titorías personalizadas para a procura de emprego 
  • Asesoramento para a creación da túa propia empresa

Como podes participar

O procedemento para a preinscrición rexerase polo establecido nas bases de selección das persoas participantes no proxecto "TI© EMPRENDES"

Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante

Solicitude de participación

CURSOS MEDIANTE AULA VIRTUAL E MIXTA

Os cursos en aula mixta teñen sesións en aula virtual e presenciais, as cales contan con bolsa para o desprazamento

Márketing DIXITAL: estratexias SEO, SEM, Redes sociais e análise do tráfico web

Formación específica en materias concretas propias de cada zona (100 horas)

  • Introdución ao márketing dixital
  • Márketing e comercio electrónico
  • Estratexia de márketing e medios sociais
  • Estratexias de márketing dixtal: márketing viral e posicionamento en buscadores

Formación específica en autoemprego  e/o creación de empresas (25 horas)

  • Design Thinking para emprendedores
  • Investigación do contorno e detección de oportunidades
  • Estudo de mercado: coñece a túa clientela (mapa de empatía)
  • A idea e a definición da proposta de valor (lenzo de proposta de valor)
  • Deseño do plan de negocio (lenzo de modelo de negocio)
  • Definición de obxectivos: plan estratéxico
  • Plan de márketing
  • Plan de operacións. Como e con que levar a cabo o proxecto
  • Plan económico-financeiro
  • Plan de implantación
Operaria/o de Xestión Loxística e Dixital dun Almacén (con módulo de carretillería)

Formación específica en materias concretas propias de cada zona (100 horas)

  •  Actividades auxiliares de almacén
  •  Prevención de riscos laborais
  • Carretilla elevadora
    • Eixe directriz.
    • Acceso e descenso da carretilla
    • Uso de sistemas de retención, cabina, cinturón de seguridade
    • Posta en marcha e detención da carretilla
    • Circulación: velocidade de desprazamento, traxectoria, natureza e estado
    • Maniobras: frenado, aparcado, marcha atrás, descenso de pendiente.
  • Radiofrecuencia
    • Necesidade e ventaxas dos sistemas de identificación e seguimento
    • Control informático de mercancías
    • Codificación e etiquetas
    • Medios

Formación específica en autoemprego  e/o creación de empresas(25 horas)

  • Design Thinking para persoas emprendedoras
  • Investigación do contorno e detección de oportunidades
  • Estudo de mercado: coñece a túa clientela (mapa de empatía)
  • A idea e a definición da proposta de valor (lenzo de proposta de valor)
  • Deseño do plan de negocio (lenzo de modelo de negocio)
  • Definición de obxectivos: plan estratéxico
  • Plan de márketing
  • Plan de operacións. Como e con que levar a cabo o proxecto
  • Plan económico-financeiro
  • Plan de implantación

MÁIS INFORMACIÓN