PROGRAMA PON2030

#PON2030

PROGRAMA PON2030

Programa provincial de infraestruturas e dotacións singulares para a execución da Axenda 2030

A Deputación de Pontevedra lanza o Programa PON2030 coa finalidade de garantir a prestación dos servizos públicos municipais e seguir avanzando no cumprimento dos obxectivos da Axenda 2030.


A institución provincial aposta de novo polo investimento público como ferramenta para estimular a actividade económica. O Programa PON2030 ten por obxectivo impulsar a Axenda 2030 en alianza cos concellos e susténtase sobre os piares dunha nova convocatoria extraordinaria, dotada con 22 millóns de euros, para grandes obras de infraestruturas e dotacións municipais.

O Programa PON2030 está deseñado para avanzar na consecución dos obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation e, así mesmo, dar un paso máis na loita contra o reto demográfico, ao impulsar grandes actuacións en toda a provincia para equilibrar así as dotacións e os servizos entre o ámbito rural e o urbano.

As subvencións outorgaranse polo procedemento de concorrencia competitiva entre todos os concellos da provincia de ata 50.000 habitantes.

Ademais de posibilitar a rehabilitación ou a construción de novos equipamentos municipais ou actuacións sobre o espazo público, faculta tamén os concellos para financiar iniciativas relacionadas co cumprimento da Lei estatal 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para acadar unha economía circular.

Os investimentos centraranse en catro liñas:

  • Rehabilitación de edificios e instalacións municipais para uso social, cultural, deportivo, turístico e de lecer, de infancia e mocidade, de atención a vítimas de violencia de xénero, de elementos de interese patrimonial e dos destinados a uso institucional e administrativo.
  • Construción de novos equipamentos e dotacións, con edificios ou instalacións sostibles e intelixentes, ademais de novas actuacións ambientalmente sostibles para asegurar os servizos que impulsen a cohesión territorial.
  • Recuperación, mellora, urbanización ou reurbanización de espazos públicos, co obxectivo proporcionarlles un uso plural e amable, e de fomentar a estancia e as mobilidades alternativas, na liña de cumprimento dos Principios Ágora.
  • Adquisición, posta en funcionamento do material necesario para darlles cumprimento ás obrigas e aos obxectivos determinados pola Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para acadar unha economía circular.
TITULO FIRMA VIXENCIA ENTIDADES E ACHEGAS
Addenda ao convenio. Rehabilitación e mellora enerxética da antiga casa consistorial de Portas (Programa PON2030) 30/07/2024 30/09/2025 A Deputación de Pontevedra, 176.472,29 €, e o Concello de Portas, 54.517,30 €
Addenda ao convenio. Mellora da mobilidade peonil na contorna da capela de San Xoán de Barcela, fase I, no concello de Arbo (Programa PON2030) 16/05/2024 30/09/2025 A Deputación de Pontevedra, 364.958,69 €, e o Concello de Arbo, 40.550,97 €
Addenda ao convenio. Proxecto de acondicionamento da contorna da estación do tren no concello de Pontecesures (Programa PON2030) 29/04/2024 30/09/2025 A Deputación de Pontevedra, 347.741,00 €, e o Concello de Pontecesures, 118.527,60 €
Acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Augas Férreas no concello da Cañiza (programa PON2030) 29/02/2024 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 479.948,21 € e Concello da Cañiza 119.987,06 €
Peonalización na zona da rúa Eduardo Vincenti e da avenida de Montero Ríos no concello de Cangas (programa PON2030) 29/02/2024 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 890.753,68 € e Concello de Cangas 296.917,89 €
Renovación de equipamentos no campo de fútbol do concello de Crecente (programa PON2030) 29/02/2024 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 364.206,54 € e Concello de Crecente 64.271,74 €
Campo de fútbol e zona de deporte na Lagoa, no concello de Mondariz (programa PON2030) 11/01/2024 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 416.415,00 € e o Concello de Mondariz 73.485,00 €
Instalación deportiva nas Bizocas, no concello do Grove (programa PON2030) 11/01/2024 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 743.428,93 € e Concello do Grove 186.982,20 €
II addenda da construción da área de deporte urbano no concello de Mondariz (programa REACPON) 10/01/2024 31/05/2024 Deputación de Pontevedra 392.079,34 € e o Concello de Mondariz 112.614,61 €
Convenio. Ampliación das instalacións e piscinas municipais de Fontecarmoa no concello de Vilagarcía de Arousa (programa PON2030) 28/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 1.000.000,00 € e o Concello de Vilagarcía de Arousa 2.184.114,33 €
Convenio. Espazo público e humanización da rúa Pío XII. Fase 1, no concello do Porriño (programa PON2030) 22/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 920.000,00 € e o Concello do Porriño 460.258,52 €
Convenio. Recuperación do espazo para uso peonil na rúa da Forca, no concello de Salvaterra de Miño (programa PON2030) 22/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 432.332,88 € e o Concello de Salvaterra de Miño 108.083,22 €
Convenio. Integra Tomiño: rehabilitación enerxética da casa da cultura e doutros equipamentos no concello de Tomiño (programa PON2030) 22/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 999.726,11 € e o Concello de Tomiño 333.242,04 €
Convenio. Proxecto básico e de execución de reforma integral. Edificios Sinde, bloque 1, no concello da Guarda (programa PON2030) 21/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 709.738,81 € e o Concello da Guarda 328.355,33 €
Convenio. Proxecto de execución de rehabilitación das carpinterías de ribeira da Seara no concello de Moaña (programa PON2030) 21/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 689.589,37 € e o Concello de Moaña 229.863,12 €
Convenio. Recollida de residuos sólidos urbanos no concello de Ribadumia (programa PON2030) 20/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 202.724,24 € e o Concello de Ribadumia 250.389,30 €
Convenio. Adecuación de espazo público e mellora das redes de servizos na praza Victoria R. Cadaval no concello de Baiona (programa PON2030) 19/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 464.585,32 € e o Concello de Baiona 116.146,34 €
Convenio. Construción do edificio polivalente de Carragoso no concello de Lalín (programa PON2030) 19/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 482.006,52 € e o Concello de Lalín 259.541,98 €
Convenio. Mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana da avenida do Recinto Feiral e da rúa Arturo Pérez Lázara no concello de Silleda (programa PON2030) 19/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 759.211,18 € e o Concello de Silleda 133.978,44 €
Convenio. Rehabilitación das instalacións municipais dedicadas a piscinas no concello de Fornelos de Montes (programa PON2030) 15/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 298.718,55 € e o Concello de Fornelos de Montes 52.715,04 €
Convenio. Remodelación da piscina municipal con edificación de apoio no concello de Agolada (programa PON2030) 13/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 434.360,76 € e o Concello de Agolada 108.590,19 €
Convenio. Nova senda peonil no paseo naval no Concello da Illa de Arousa (programa PON2030) 13/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 398.268,00 € e o Concello da Illa de Arousa 44.252,00 €
Convenio. Mobilidade amable e recuperación de espazos públicos: avenida da Constitución e contorna dos Xardíns da Xiralda (rúa Concha Brey) no concello de Ponteareas (programa PON2030) 13/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 694.360,98 € e o Concello de Ponteareas 231.453,66 €
Convenio. Humanización e mellora das infraestruturas no núcleo dos Castros no concello de Cerdedo-Cotobade (programa PON2030) 12/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 221.000,00 € e o Concello de Cerdedo-Cotobade 39.000,00 €
Acondicionamento da praza Manuel Alonso (alameda) no concello de Gondomar (programa PON2030) 11/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 925.994,61 € e o Concello de Gondomar 272.359,08 €
Convenio. Construción de senda peonil e vía ciclable no contorno da lagoa de porto Piñeiro, no concello de Valga (programa PON2030) 11/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 522.527,38 € e o Concello de Valga 92.210,71 €
Convenio. Mellora da eficiencia enerxética, a accesibilidade e a habitabilidade do pavillón polideportivo da Cañota, Marín (programa PON2030) 05/12/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 463.968,23 € e o Concello de Marín 198.843,53 €
Convenio. Adquisición de vehículo biocompartimentado e colectores de lixo no concello de Meaño (programa PON2030) 30/11/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 301.350,50 € e o Concello de Meaño 53.179,50 €
Convenio. Mellora e remodelación do parque da Ramallosa, no concello de Nigrán (programa PON2030) 29/11/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 769.757,70 € e o Concello de Nigrán 192.439,42 €
Convenio. Rehabilitación de edificio para uso sociocultural no castro de Dozón (programa PON2030) 28/11/2023 30/09/2025 Deputación de Pontevedra 347.275,91 € e o Concello de Dozón 103.142,60 €