Rafa Domínguez participa na inauguración da sexta edición do Salón Multimarca Pontemóbil Ocasión

07/02/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres na inauguración da sexta edición do Salón Multimarca Pontemóbil Ocasión. O acto tivo lugar no recinto feiral de Pontevedra, onde se está a desenvolver o salón desde o venres ata o domingo, reunindo a máis de 400 vehículos de nove concesionarios.