A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga

Representantes dos gobernos provincial e autonómico escoitan de primeira man ideas do sector das artes plásticas, escultóricas e fotográficas de Vigo e contorna

31/10/2024

reunión usos cine Fraga

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia reuniron na tarde de hoxe na sede da institución provincial en Vigo a representantes de eido das artes plásticas e da fotografía, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga.

Na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, a vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica de institucións, fundacións, galerías e artistas plásticos, escultóricos ou da fotografía como Ruth Lodeiro, Eva Díez, Carlos Bermúdez, Carlos Rosón, Pedro Dobao ou Antonio Chaves, entre outros membros e colectivos destes ámbitos creativos.

Reunións abertas á cidadanía desde setembro

As súas achegas súmanse ás que se recibiron nas reunión das semanas pasadas con colectivos e entidades do sector musical, tanto de base como profesionalizados. Cómpre lembrar que a primeira xuntanza aberta á cidadanía realizouse a principios de setembro, na que participaron tamén un cento de persoas e entidades que aportaron valiosas achegas para enriquecer o deseño do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular.

Tanto Luisa Sánchez como Anxo M. Lorenzo coincidiron en atribuír o interese que ten espertado a “recuperación e incorporación a unha activa vida cultural” do Teatro Cine Fraga á decisión de ter ampliado un mes máis a caixa de correo virtual, posta en marcha a finais de agosto, que tamén ten como obxecto recoller en liña propostas, suxestións e ideas de cara ao deseño do futuro Plan de usos. Ao respecto, salientaron a boa acollida desta iniciativa, que forma parta da campaña O mellor espazo busca o mellor contido, xa que destacou que se teñen recibido máis de 200 propostas.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.