O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación do I Congreso Internacional CREA

19/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na Casa das Campás na presentación do I Congreso Internacional CREA, organizado pola vicerreitoría de Pontevedra da Universidade de Vigo e co que colabora a Deputación con 20.000 euros. A cita, que terá lugar os días 4 e 5 de novembro, traerá ata a provincia a  investigadores e profesionais internacionais vinculados ás belas artes, o deseño, a comunicación e a educación.

“Para nós é prioritario estar ao carón das institucións educativas da nosa provincia, como a Universidade de Vigo, que tanto nos referencia”, asegurou o vicepresidente provincial, que lembrou que a institución principal aporta 55.000 euros para a especialización do Campus CREA.  “O noso obxectivo é fomentar o coñecemento, favorecer unha mellor atención ao alumnado, á investigación e a grandes proxectos que permiten referenciar á universidade”, confirmou Domínguez.

Galerias de imaxes