O vicepresidente da Deputación participa na presentación do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024

18/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación do Campionato de Europa de Ciclocrós 2024, que se celebrará na Illa das Esculturas de Pontevedra entre os días 1 e 3 de novembro. A cita deportiva, coa que colabora a institución provincial, reunirá a máis de 900 participantes de diferentes países de Europa.

“A cidade de Pontevedra xa se converteu nun punto de referencia no calendario internacional de moitos deportes, e agora pasa a selo do ciclocrós”, asegurou o vicepresidente provincial. Na presentación, Domínguez tamén remarcou o compromiso da Deputación “co deporte e os grandes eventos. Estamos comprometidos a seguir fomentando o deporte, a apoiar o desenvolvemento de novos talentos e a garantir que a provincia sexa sendo un destino deportivo destacado”.