O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participa na presentación da programación do Pont-Up Store 2024

11/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación do Espazo de Emprendemento Pont-up Store 2024, promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro na Praza de España de Pontevedra e que este ano contará coa participación de 42 propostas emprendedoras escollidas entre 140 candidaturas. Na súa intervención, Domínguez eloxiou que esta cita chega á súa undécima edición “convertida nun evento fundamental para o emprendemento en toda Galicia que demostra, ademais, que esta provincia conta cun gran carácter emprendedor e é unha das máis avanzadas neste ámbito non só en Galicia, senón no conxunto do Estado”.

O vicepresidente provincial aproveitou a ocasión para estender a man da Deputación cos emprendedores. “Apostamos por eles, porque hai tantas e boas iniciativas que non podo ser máis optimista polo prometedor futuro que ten a nosa provincia –asegurou Domínguez-. Para nós é imprescindible facilitar espazos para que o talento da provincia se poida desenvolver, e traballamos por promovelo e espallalo por todos os recunchos de Pontevedra”.

Galerias de imaxes