A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca o exemplo do club Maniotas, “presente e futuro” da ximnasia rítmica da provincia de Pontevedra
25/10/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no Pavillón das Travesas á presentación da nova temporada do Club Maniotas, “un dos equipos dos que máis orgullosos nos sentimos nesta provincia e que levades, ademais, o voso nome e o de Pontevedra a nivel nacional na elite da ximnasia rítmica”. Ademais, destacou o seu exemplo como “presente e futuro deste deporte” e a súa capacidade para demostrar que “con esforzo, dedicación e paixón é posible lograr todo aquilo que nos propoñemos”.
Sánchez amosou o compromiso da Deputación de Pontevedra con Maniotas e recordou que a institución provincial destina esta ano 10.000 euros ao club dentro da liña de axuda ao deporte, unha achega maior que a do pasado ano. “Seguiremos apoiándoos e tamén escoitando as vosas demandas, como as de todos os clubs, entidades e deportistas, para orientar o noso traballo cara as vosas necesidades”.