A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese co secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, ASIME
14/05/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso do Emprego, Luisa Sánchez, reuniuse esta mañá co secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, ASIME, Enrique Mallón. Na xuntanza Sánchez analizou xunto con Mallón a posibilidade de impulsar iniciativas entre ámbalas dúas entidades para promover “un dos sectores de maior peso na economía da provincia de Pontevedra”.