Luis López participa en Moraña na Festa do Carneiro ao Espeto, unha das festas gastronómicas máis destacadas e de maior tradición na provincia
28/07/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís, participou este domingo nos actos de celebración da edición número 55 da Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña. O mandatario provincial estivo presente na recepción de autoridades da Casa do Concello e no posterior percorrido ata a Carballeira de Santa Lucía, onde desfrutou desta tradicional cita
A participación do presidente Luis López nunha das máis destacadas festas gastronómicas da provincia é unha nova mostra do apoio da Deputación aos concellos da provincia e da aposta pola gastronomía como unha das grandes fortalezas do destino turístico Rías Baixas.