Luis López participa en Campo Lameiro na terceira edición da andaina solidaria en favor da Fundación Andrea

22/09/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na terceira edición da andaina solidaria en favor da Fundación Andrea que promove por terceiro ano consecutivo o Concello de Campo Lameiro. O mandatario provincial completou un percorrido que serve para apoiar o labor desta Fundación que atende a menores con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Galerias de imaxes