O deputado provincial Javier Tourís recibe en Areeiro á Asociación de Familiares e Enfermos de alzhéimer e outras demencias de Pontevedra

23/07/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, recibiu nas instalacións da Estación Fitopatolóxica a un grupo da Asociación de Familias e Enfermos de alzhéimer e outras demencias de Pontevedra. Na visita, Tourís puxo en valor o traballo que se está a desenvolver neste “centro de investigación punteiro da Deputación de Pontevedra que poñemos a disposición de todas as persoas que traballan nos sectores agrícola, forestal e natural da nosa provincia”. Deste xeito, o deputado recordou que o persoal técnico de Areeiro traballa, entre outras cuestións, para recoñecer pragas e enfermidades dos cultivos e facilitar a execución de medidas para combater as doenzas que afectan ás especies vexetais.