Luisa Sánchez destaca “o enorme potencial” da industria gastronómica viguesa na inauguración do Gastro Movida Summit 2024

26/11/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na inauguración da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo ata mañá, 27 de novembro, a profesionais do sector gastronómico e que pon en valor o produto de proximidade que ofrecen o mar e a terra. “A gastronomía de Vigo, da provincia, chega cada vez a máis recunchos do mundo, e non hai persoa que a probe que non teña ganas de volver desfrutar dela -remarcou a vicepresidenta-. Por iso temos que comezar a presumir do que temos aquí, que non é senón unha industria gastronómica cun potencial enorme”.

Na súa intervención, Luisa Sánchez destacou a importancia dun evento como este “que non é un congreso ao uso, senón un momento social e un auténtico escaparate para chefs, establecementos e propostas innovadoras do ámbito gastronómico e alimentario”. Unha cita que chega este ano á súa terceira edición cargada de novidades, con máis de 80 poñentes, 24 accións diferentes e actividades como showcookings e talleres, debates ou incluso unha zona de networking. “É a nosa obriga apoiar e axudar a eventos como o Gastro Movida Summit, que fan que mellore a economía e dan a coñecer fóra das nosas fronteiras todo o potencial da nosa provincia”, concluíu.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.