A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á festa anual do Colexio da Avogacía de Vigo

07/02/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres á festa anual organizada polo Colexio da Avogacía de Vigo, que se celebrou no auditorio de Afundación na cidade. Durante o acto tiveron lugar o xuramento ou promesa do cargo dos novos letrados e a imposición das insignias de ouro a seis profesionais que este ano cumpren catro décadas na profesión.