A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra fai entrega de medallas da final de Loita Grecorromana do Mundial de Loitas Olímpicas
04/09/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de facer entrega no Pavillón municipal dos Deportes de Pontevedra das medallas da final de Loita Grecorromana do Mundial de Loitas Olímpicas, que acolle a capital da provincia ata o 8 de setembro. Trátase dunha competición deportiva na que están a participar preto de 1.500 deportistas de ata 90 países do mundo.