A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao Campionato de Surf Adaptado organizado por Quenlla Surf en Patos, Nigrán
25/05/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu nesta xornada ao Campionato de Surf Adaptado organizado por Quenlla Sur na praia de Patos, en Nigrán. Durante o evento, Sánchez subliñou as excelentes calidades das Rías Baixas para a práctica desta disciplina deportiva e remarcou a aposta provincial polo deporte adaptado, “pois é a nosa vontade traballar para eliminar barreiras e que todas as persoas poidan practicar calquera disciplina deportiva, en igualdade de condicións”.