A Deputación e o Concello de Valga supervisan o avance do proxecto que se está a redactar para a estrada provincial EP-8501 Valga-Os Martores

26/09/2024

Avance do proxecto que se está a redactar para as estradas provinciais EP-8501 Valga-Os Martores e a EP-8502 Valga-Baño

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, reuniuse no Edificio Administrativo da institución provincial co alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e outros membros do goberno municipal, co fin de abordar o avance do proxecto que se está a redactar para as estradas provinciais EP-8501 Valga-Os Martores e a EP-8502 Valga-Baño.

Esta actuación trátase dunha obra de vital importancia e prioridade para o Concello de Valga, tal e como recordou a deputada provincial, que permitirá mellorar unha contorna na que se sitúa a Casa da Cultura e o enlace coa N-550, na EP-8501, e continuar na EP-8502 Valga-Baño cara a contorna dos colexios e da escola infantil. En concreto, en ambas vías provinciais efectuaranse traballos para optimizar a seguridade viaria e a mobilidade peonil neste espazo de elevada confluencia de persoas.