A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste en Vigo ao acto conmemorativo do Día da Constitución

06/12/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) ao acto conmemorativo do Concello de Vigo polo Día da Constitución. Julio Picatoste Bobillo, xurista e maxistrado xubilado da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, foi o encargado de ler o pregón institucional.