A deputada Isabel Couselo participa na presentación da II Travesía a Nado Río Lérez 24

23/07/2024

A deputada provincial Isabel Couselo acaba de participar na presentación da II Travesía a Nado Río Lérez 24 xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente do Club de Natación Galaico, Alberto Castro, a concelleira de Pontevedra, Anabel Gulías, e o triatleta profesional español, Javier Gómez Noya. Couselo felicitou ao Galaico “polo esforzo, dedicación, ilusión e ganas para sacar adiante esta proba deportiva” e amosou o compromiso da Deputación “con campionatos como este, auténticas experiencias 100% Rías Baixas, ao tratarse de excelentes oportunidades para poñer esta cidade e o conxunto da provincia no mapa”.