A vicepresidenta provincial Luisa Sánchez asiste á saída da XXIV Subida á Escusa de Poio

08/06/2024

XXIV Subida á Escusa de Poio

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra Luisa Sánchez asistiu este sábado á saída da XXIV Subida á Escusa que está a ter lugar esta fin de semana en Poio. Sánchez puxo en valor esta proba automobilística, organizada por Buxa Motor en colaboración co Concello,  na que se están a dar cita preto de 70 pilotos e remarcou a grande afluencia de público que congrega habitualmente esta competición.

A responsable provincial tivo oportunidade non só de saudar aos participantes, senón tamén de supervisar o percorrido da subida con membros da organización e probar algún dos vehículos inscritos na proba. Nesta liña, Sánchez subliñou que na institución provincial “somos moi conscientes de que o automobilismo é unha das disciplinas deportivas con mais tirón na provincia” e recordou que para dar “reposta a esta grande demanda popular” púxose por vez primeira en marcha o programa “+Talento”, mediante o cal Yago Martínez foi seleccionado entre 35 mozos da provincia para pilotar o coche patrocinado pola Deputación no Campionato Galego de Rallys.

Galerias de imaxes