A vicepresidenta Luisa Sánchez achégase á Madroa para asistir aos encontros do Torneo Internacional MS2 CUP 2024

21/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, achegouse esta tarde á Cidade Deportiva da Madroa para asistir aos encontros do MS2 CUP 2024, o torneo internacional de fútbol base que promove o recoñecido futbolista Michel Salgado. “Somos canteira -remarcou a vicepresidenta provincial- e contamos cun altísimo nivel tanto na calidade dos nosos deportistas como na capacidade para organizar probas deportivas de primeiro nivel como esta”. Trasladou a través da organización a súa felicitación a todos os clubs de fútbol masculinos e femininos que disputaron o torneo, nas modalidades de xuventil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín, e aos gañadores, polo “altísimo nivel demostrado ao longo destas xornadas”.