A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez visita en Verducido aos rapaces que participan na segunda regata de piragüismo da Liga DepoEscolas 2024

01/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, visitou esta mañá aos rapaces que participaron na segunda regata de piragüismo da Liga Provincial Pontevedra-DepoEscolas 2024, na que se deron cita 274 deportistas de 21 clubs diferentes da provincia na modalidade K-1. DepoEscolas é un programa gratuíto da Deputación a través do cal, en colaboración e coordinación coas federacións deportivas, se fomenta a actividade deportiva entre os escolares do conxunto da provincia.

Galerias de imaxes