Os vicepresidentes da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, reúnense coa directiva do Club de Baloncesto Arxil

19/07/2024

Reunión coa directiva do Club de Baloncesto Arxil

Os vicepresidentes da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, mantiveron unha xuntanza coa directiva do club pontevedrés de baloncesto Arxil.  Neste encontro de traballo, os dirixentes analizaron coa entidade deportiva a posibilidade de colaborar en proxectos de cara a promoción e impulso da práctica do baloncesto tanto na cidade como no conxunto da provincia de Pontevedra.