A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas

24/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na praza da Peregrina de Pontevedra na presentación do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, o presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazabal, e o xefe de competicións da Federación Española de Loita, Javier Montero. Sánchez, que previamente á presentación asistiu á xuntanza do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, subliñou a “o feito de que Pontevedra teña sido escollida para acoller esta importante proba deportiva que terá repercusións a nivel económico. Sen dúbida algunha –engadiu- será a mellor campaña publicitaria desta cidade e da provincia, xa que haberá máis de cen países pendentes do que suceda aquí”. Neste eido recordou que a cidade acollerá a uns 2.000 deportistas procedentes de máis de 80 países diferentes, ademais de representantes federativos, de corpos técnicos e familiares. E puxo en valor a cooperación entre administracións para sacar adiante “eventos como este, que converten a provincia nun referente do deporte”.