O vicepresidente, Rafa Domínguez, participa na XXXII Festa do Caldo de Mourente
10/03/2024
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este domingo na XXXII Festa do Caldo de Mourente, organizada pola Asociación O Castro, despois de ser investido onte novo confrade da orde nun acto celebrado no Teatro Principal. “Como pontevedrés que son, esta non é a miña primeira Festa do Caldo, senón que levo anos vindo gozar deste marabilloso manxar, tan noso”, asegurou o vicepresidente, ao tempo que prometeu levar, “con moita honra, a capa da confraría gastronómica do caldo de Mourente”.
Rafa Domínguez quixo agradecerlle á Asociación de Veciños O Castro “estes 32 anos de esforzo e bo traballo”, e desexoulles que fosen “os primeiros dunha longa historia, nos que a Deputación de Pontevedra vai estar sempre ao voso carón”, espallando “por toda a nosa contorna a preparación raíña do inverno galego: o caldo”.