A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o apoio da Deputación á vela na presentación do 39º Trofeo Príncipe de Asturias

03/09/2024

A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe xunto alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuiña, na presentación da 39ª edición da regata Trofeo Príncipe de Asturias e a 28ª da Gestilar Ladies Cup, celebradas no Monte Real Club de Yates. Na súa intervención, Sánchez destacou a transcendencia desta proba deportiva, que terá lugar ao longo desta fin de semana e á que cualificou como “unha das citas máis importantes do calendario náutico a nivel autonómico e nacional, que nos ten acostumados xa a superar calquera expectativa”. Ademais, aproveitou para felicitar ás persoas galardoadas cos Premios Nacionais de Vela 2024, que se entregarán este sábado, cun especial agarimo aos irmáns Martín e Jaime Wizner, “que levan o nome de Vigo e da provincia alá onde compiten”.

Así mesmo, a responsable provincial amosou o compromiso da Deputación co deporte e con probas como o Trofeo Príncipe de Asturias, “que son un verdadeiro polo de atracción, e por iso traballamos para converter a esta provincia no grande estadio deportivo do mundo”. “Apoiar estes campionatos é unha grande oportunidade para poñer a Pontevedra no mapa, e por iso quero tender a nosa man para lograr un obxectivo común”, afirmou Sánchez.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.