A Deputación de Pontevedra supervisa as obras na rede de sumidoiros impulsadas en Arcos da Condesa con recursos provinciais

18/09/2024

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e da Finca Areeiro, Javier Tourís, visitou esta mañá Arcos da Condesa para supervisar as obras de abastecemento impulsadas con recursos provinciais. En concreto, a Deputación de Pontevedra destinou máis de 300.000 euros do seu plan de cooperación municipal a remodelar a rede de sumidoiros da entidade local menor.