O espectáculo Molto Barroco chega este xoves a Salvaterra de Miño no marco do ciclo escénico da Deputación
A función, con entrada libre ata completar a capacidade, terá lugar ás 17:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño
27/12/2023
O salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acollerá este xoves 28 de decembro a obra Molto Barroco no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función da man de Píscore Teatro, que está pensada para un público familiar, dará comezo ás 17:30 horas e a entrada será libre ata completar a capacidade.
A peza teatral Molto Barroco realiza un percorrido pola música barroca acompañada da comedia, ambientada nunha corte real europea de mediados do século XVIII, habitada polo rei, a raíña, o bufón e o compositor da corte, tres músicos xunto co compositor se reúnen para levar a cabo os encargos da coroa. Unha obra na que se mestura música orixinal e adaptacións cun espectáculo cómico