Luis López anuncia un investimento de 520.000 euros para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-8404 Piñeiro-Arcos de Cuntis

A actuación desenvolverase nun tramo de algo máis de 400 metros e permitirá mellorar a capacidade que a estrada ten na actualidade, garantindo á súa vez a seguridade viaria

15/11/2024

Luis López

O presidente Luis López anunciou que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o proxecto para as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-8404 Piñeiro-Arcos, unha actuación cun orzamento de 520.000 euros. O obxectivo desta actuación, segundo explicou o presidente provincial, é “mellorar a capacidade que ten esta estrada na actualidade, salvagardando a prestación do servizo viario e garantindo a seguridade viaria”.

En concreto, as obras desenvolverase nun tramo de algo máis de 400 metros desta estrada provincial. Neste espazo, procederase a sanear e fresar a capa de rodaxe, que se atopa en mal estado na actualidade, estenderase unha nova capa de formigón bituminoso e repoñerase a sinalización horizontal e vertical.

A estrada provincial EP-8404 entre Piñeiro e Arcos ten unha lonxitude de 3.416 metros. Nestes momentos non ten a capacidade portante adecuada e, mediante a actuación prevista, o obxectivo e realizar un asfaltado que cubra o estado deficiente da vía.

 

audios