A Deputación inviste 790.000 euros na mellora da seguridade viaria da estrada provincial EP-2703 Pazos-Ponteareas

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu tramos desta estrada provincial xunto coa alcaldesa de Ponteareas e tamén deputada provincial, Nava Castro, para coñecer as actuacións que se están xa a desenvolver

28/05/2024

Isabel Couselo en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra  comezou as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2703 Pazos-Ponteareas na que vai investir preto de 790.000 euros. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación,  Isabel Couselo, percorreu algúns dos tramos desta estrada provincial de 11 quilómetros entre Pazos e Ponteareas, xunto coa alcaldesa desta última vila e tamén deputada provincial, Nava Castro, para analizar in situ as actuacións que se están xa a desenvolver.

As obras na estrada provincial EP-2703, serán financiadas integramente pola Deputación de Pontevedra e, tal e como informou a deputada provincial, “comprenden saneos da plataforma e reposicións de firme para garantir unhas óptimas condicións de circulación e seguridade viaria”. Deste xeito, e en función do estado de cada treito, realizarase fresado e reposición, recrecemento ou microaglomerado en frío.

Ademais, a actuación na estrada provincial entre Pazos e Ponteareas contempla a realización de melloras da rede de drenaxe, coa instalación de tubaxes e a execución de cunetas de seguridade e outras melloras nas pluviais, a disposición de barreiras de seguridade e, finalmente, o pintado da estrada provincial e renovación da sinalización.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.