A Deputación abre este xoves o prazo para que os concellos soliciten actuacións ao abeiro de +Música

A institución destina este ano 700.000 € ao +Música, 100.000 € máis que no 2024, para espallar a cultura musical por toda a provincia

17/02/2025

A Deputación abre este xoves, 20 de febreiro, o prazo para que os concellos soliciten actuacións ao abeiro de +Música, o programa que busca apoiar a programación artística nos concellos de menos de 50.000 habitantes ao longo deste ano. Neste 2025 conta cun orzamento de 700.000 euros, o que supón un aumento de 100.000 euros con respecto ao ano pasado, para seguir espallando a cultura musical por toda a provincia.

Ao longo do pasado ano, a través desta iniciativa cultural provincial, grupos como Fillas de Cassandra, Guadi Galego, The Rapants ou Dakidarría actuaron nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. En liñas xerais, o obxectivo de +Música é poñer a disposición dos municipios grupos de artistas profesionais de música que realizan as súas actuacións ou os seus concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, con pezas de autoría galega, co obxectivo de difundir e fomentar a cultura galega. Así, os concellos poderán solicitar actuacións dos grupos inscritos no catálogo +Música entre o este xoves, 20 de febreiro, e o 5 de marzo. As actuacións desenvolveranse entre o 15 de abril e o 31 de decembro de 2025.

Cada concello poderá solicitar unha actuación, no caso de que o caché do grupo supere os 12.000 euros, ou dúas, se no seu conxunto non supera ese importe. A Deputación encargarse de aboar o caché, mentres que será o concello o encargado de sufragar os gastos derivados da produción do espectáculo.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.