A Deputación leva ata Silleda o circuíto +Escénicas con “Wombo Combo” de Galeatro

A peza teatral, para público escolar, poderá verse o venres 14 de marzo ás 12:30 horas no no Auditorio Municipal Manuel Dopazo da Bandeira

13/02/2025

A Deputación de Pontevedra leva o próximo 14 de marzo o circuíto +Escénicas ao Concello de Silleda con “Wombo Combo” de Galeatro. A función, dirixida a un público escolar, comezará ás 12:30 horas no Auditorio Municipal Manuel Dopazo da Bandeira e enmárcanse no novo circuíto da institución provincial que está a espallar ata marzo unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia, cun orzamento de 150.000 euros.

“Wombo Combo”, que se representará para un público escolar a partir de 5 anos, é unha obra que reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto, que foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2023.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.