A vicepresidenta Luisa Sánchez únese á primeira Etapa Popular do Camiño Portugués pola Costa
30/06/2024
A vicepresidenta e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na primeira Etapa Popular do Camiño Portugués pola Costa, que saíu de Saiáns e chegou ata a avenida de Galicia, en Teis. A andaina, organizada pola Xunta de Galicia, tiña por obxectivo reivindicar e dar a coñecer entre a cidadanía este camiño xacobeo, pola que xa pasaron este ano preto de 30.000 peregrinos