Luisa Sánchez e o Concello de Lalín exploran posibles vías de colaboración no ámbito deportivo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra destacou a vontade de colaboración cos municipios da provincia para impulsar eventos e a práctica deportiva

14/04/2024

Luisa Sánchez e o Concello de Lalín exploran posibles vías de colaboración no ámbito deportivo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse esta semana con Paz Pérez, tenente de alcalde do Concello de Lalín, e Avelino Souto, concelleiro de Deportes. Nun encontro nas instalacións municipais, tiveron a oportunidade de explorar posibles vías de colaboración no ámbito deportivo e valoraron a posibilidade de desenvolver conxuntamente proxectos que poidan resultar estratéxicos para a comarca de Deza.

Neste sentido, a responsable provincial destacou o enorme potencial da provincia para acoller todo tipo de eventos deportivos e manifestou o compromiso e a vontade da Deputación de Pontevedra de apoiar e impulsar as celebracións que teñan as e os deportistas ou a promoción deportiva no seu punto de mira.