A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega do Premio Peme do Ano 2024 da Cámara de Comercio

03/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes na entrega do Premio Peme do Ano 2024 da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, un galardón no que ademais a vicepresidenta tivo “o honor”, asegurou, de formar parte do seu xurado, cunha “elección que non foi nada fácil porque na provincia de Pontevedra temos o mellor equipo humano”. Luisa Sánchez agradeceu o convite lembrando que unha das áreas da súa vicepresidencia na Deputación é a do impulso ao emprego, “desde a que levamos a cabo iniciativas para crear novas oportunidades e para que un bo número de empresas e emprendedores se adapten aos tempos que corren para sobrevivir nun mundo tan competitivo e feroz”.

A vicepresidenta destacou a “necesidade de premiar e visibilizar o talento emprendedor do noso territorio” e valorou positivamente que o Premio Peme do Ano, que recaeu na edición deste 2024 en Industrias Guerra (Vila de Cruces), tivese en conta a sustentabilidade, a innovación e dixitalización, a internacionalización e a formación e emprego, “cuestións que non se deben desdeñar á hora de crear unha iniciativa empresarial xa que dan conta da sintonía coa actualidade desde o punto de vista do crecemento económico e do respecto a un planeta que está sufrindo e necesita unha especial protección”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.