A vicepresidenta Luisa Sánchez enxalza a “efecto de arrastre” de probas deportivas como a Triple Corona Illas Atlánticas para “o turismo e o desenvolvemento económico da provincia”

10/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, remarcou esta mañá “o efecto de arrastre para o turismo e o desenvolvemento económica da provincia” de probas deportivas como a Triple Corona Illas Atlánticas. Sánchez, que acaba de participar na presentación desta proba deportiva na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo xunto coa directora xeral de Patrimonio Natural, María Sol Díaz, a directora da organización, Beatriz Alvariño, o delegado de Abanca, Víctor Manuel Moralejo, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, enxalzou o “noso territorio como escenario de grandes eventos deportivos”, poñendo en valor especialmente “ás rías que bañan a nosa provincia, que se prestan como ningún outro lugar do mundo á práctica deportiva”.

Sobre esta terceira proba da Triple Corona Illas Atlánticas, a vicepresidenta subliñou que “será unha proba dura e esixente, non ao alcance de todo o mundo, pero na provincia de Pontevedra estamos acostumados a ter con nós aos mellores deportistas do mundo que nos ofrecerán, o 7 de setembro, un espectáculo que nos vai deixar sen palabras”. Neste eido, Sánchez aproveitou a ocasión para remarcar o firme compromiso da Deputación co deporte e coas persoas e entidades que o impulsan, e a vontade de converter á provincia “no gran estadio deportivo do mundo”.