Luis López enxalza o festival de Cans como unha mostra do talento do audiovisual pontevedrés e do atractivo cultural e turístico da provincia

25/05/2024

Luis López enxalza o festival de Cans

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse este sábado ao Concello do porriño para participar nos actos da vixésimo primeira edición do Festival de Cans. Xunto co alcalde e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, o mandatario provincial asistiu á conferencia do cineasta David Trueba e tamén ao acto de colocación da estrela do autor no Torreiro de Cans.

A Deputación de Pontevedra apoia a celebración de diferentes festivais de cinema que se celebran na provincia como o de Cans, que supoñen unha mostra do talento audiovisual que existe na provincia, así como da súa riqueza cultural e do seu atractivo turístico.

Galerias de imaxes