Jorge Cubela reúnese co director da Culturgal para abordar as liñas de colaboración na nova edición da feira

02/08/2024

Jorge Cubela reúnese co director da Culturgal

 

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo un encontro co director da Culturgal, Camilo Franco, co gallo de abordar as vías de colaboración de cara á celebración da 17ª edición da Feira das Culturas Galegas. Durante o encontro, o deputado lembrou o compromiso da institución provincial co desenvolvemento das industrias culturais de Galicia e coa Culturgal en particular, por ser un dos maiores expoñentes do tecido cultural de Galicia e punto de reunión de referencia entre o sector e os seus públicos para que estes se acheguen ás novidades do sector. Neste sentido, Cubela avanzou que a Deputación incrementará este ano o seu apoio económico á feira respecto ao achegado en edicións anteriores.