A deputada Isabel Couselo reúnese con representantes do goberno local de Pontevedra para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal
19/07/2024
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa concelleira do Rural, María Xosé Abilleira, e co concelleiro de Servizos Municipais e Urbanos, César Mosquera. Na xuntanza, na que se analizou a situación das estradas provinciais ao seu paso polo termo municipal, a deputada coñeceu tamén as peticións e propostas do Concello de Pontevedra en canto ás vías da Deputación que atravesan o concello.